Achégase información relativa ao proceso de selección para a contratación de persoal de apoio investigador para o proxecto HAR2015-64429-C2-1-P HACER LAS EUROPAS: IDENTIDADES, EUROPEIZACION, PROYECCION EXTERIOR Y RELATO NACIONAL ESPAÑOL EN EL PROCESO DE INTEGRACION EUROPEA.
Requisitos das/dos candidatas/os:
- Estudos superiores finalizados de tradución inglés/español ou inglés/galego, linguas estranxeiras ou filoloxía inglesa, preferentemente con un mestrado tamén finalizado.
Valorarase especialmente:
- Experiencia relacionada en tarefas de tradución directa e inversa desde o inglés.
- Coñecementos acreditados de lingua francesa.
Traballo a levar a cabo e condicións contractuais:
- Colaboración no tratamento de documentación procedente de arquivos históricos.
- Apoio na xestión técnico-administrativa do proxecto HAR2015-64429-C2-1-P.
- Colaboración lingüística en traballos científicos.
Duración: 5 meses, en xornada de 40 horas semanais (1 de marzo a 31 de xullo de 2018)
Retribución: 1.200 euros mensuais.
Lugar de Traballo: Sede do Centro de Excelencia. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Lagoas-Marcosende.
Proceso de selección:
- Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico e experiencia laboral.
- Entrevista persoal entre as tres persoas que alcancen maior puntuación no apartado anterior.
O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por membros do equipo de investigación do proxecto HAR2015-64429-C2-1-P.
Ás persoas que se presenten á selección proporcionaráselle unha listaxe ca/o candidata/o seleccionada/o e as/os candidatas/os en reserva.
Data límite de envío: 31 de xaneiro de 2018 as 14.00 horas.